© 2016 by Fran Riveiro. All rights reserved.

O debuxo como ferramenta de comunicación, como divulgación dunha mensaxe que vai máis alá das palabras. Unha maneira puramente artesanal de afrontar o mundo da ilustración, absorvendo e incorporando novos elementos ou tecnoloxías nun constante proceso de aprendizaxe e investigación. ​ O urbanismo como xermen presente en practicamente a totalidade das pezas, crea tramas utópicas ou realistas completamente inventadas sen deixar en ningún caso de darlle unha lóxica real ou mellorada e posible.A curiosidade como motor, e a constante evolución disfrute e aprendizaxe como fin.

Os soportes varían tanto como os materiais que interveñen no proceso creativo; Grafito, tinta, augarela, acrílico...todo o necesario para crear miles de formas que van dende tamaños milimétricas con semellanzas ós encaixes de camariñas pola súa minuciosidade, ate pezas que rondan os cinco metros cadrados. 

Nos últimos anos incorpórase unha nova técnica que utiliza o café líquido como  material pictórico aproveitando as súas cualidades naturais, creando obras orixinais e únicas.

 

Fran Riveiro, Compostela, 1979

Fórmase en artes escénicas (teatro e danza), dobraxe, produción audiovisual, crítica cinematográfica, docencia... etc; pero mantén unha constante relación coa creación pictórica. Tras anos de formación e investigación autodidacta consegue a carta de artesán na modalidade de debuxo.

 

No 2015 Crea "Tox@", profesionalizando unha paixón e un camiño artístico que aglutina o conxunto dunha obra de máis de quince anos e que pretende seguir enriquecendo de maneira artesanal.

 

Realiza exposicións en diferentes espazos, creando performances ou intervencións artísticas e ofrece unha formación en debuxo, danza e creación.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now